
Xogo de mesa: Conquista medieval
Conquista Medieval é o xogo perfecto para repasar os contidos relacionados coa Idade Media.
A través deste xogo, os nenos e nenas deberán poñer a proba os seus coñecementos e superar desafíos medievais respondendo a preguntas variadas (sobre os pobos xermanos, o reino visigodo, o Al-Ándalus e os reinos cristiáns).
A través do xogo o alumnado poderá demostrar que é un verdadeiro expero da Idade Media. Este é un xogo sin fin, xa que terán que conseguir tarxetas de xogo para gañar.
Que contén?
- Taboleiro de xogo con instrucións.
- 56 tarxetas de xogo con solucións:
- Desafíos do Castelo: As tarxetas de reto implican desafíos dinámicos
- Saberes Medievais: tarxetas con preguntas sobre: o Imperio Romano e os pobos xermanos, o Al-Ándalus, os Reinos Cristiáns, a vida na Idade Media, a cultura e patrimonio
- Augurios da Idade Media: tarxetas que cambian de rumbo o xogo
Só en galego.❤️
Se che gusta o recurso e che parece útil, déixame a túa valoración. ☺️