CCNN: Xogos os 5 reinos
🔬🌱 XOGOS: OS 5 REINOS 🐾🍄🦠
Este recurso para 3º e 4º de EP está composto por un conxunto de xogos para repasar e consolidar os contidos dos 5 reinos dos seres vivos dun xeito máis dinámico, manipulativo e divertido.
🧬 VIAXE CELULAR
Un xogo de mesa para descubrir se un ser vivo é unicelular ou pluricelular. Inclúe taboleiro, instrucións e solucións.
🔎 OS 5 REINOS
29 tarxetas con imaxes reais para identificar e recoñecer os seres vivos pertencentes a cada un dos cinco reinos.
❤️ AXENTES VITAIS
13 tarxetas con diferentes situacións para traballar e identificar as funcións vitais dos seres vivos: nutrición, relación e reprodución. Inclúe solucións.
🕵️ OPERACIÓN: 5 REINOS
Un reto de pistas para converterse en auténticos detectives! A partir dun mínimo de 9 pistas, hai que descubrir que ser vivo se agocha detrás.Composto por 13 tarxetas.
✂️ RECORTABLES
Material manipulativo para clasificar e repasar: Operación Celular e operación 5 Reinos
Recursos ideais para repasar e realizar estacións de aprendizaxe.
💚 A partir de 3º de EP.
💚Só en galego.
Outro recurso vinculado aos 5 reinos: https://payhip.com/b/9eLPl
Se che gustou este recurso ou che pareceu útil, non esquezas deixar a túa valoración. 😊