Axenda docente TITOR/A EI 2025-2026
Acompáñate cada día da túa aliada máis fiel: a Axenda Docente, pensada por e para mestres/as de infantil coma ti.
Que apartados contén?
🗓️ Calendario anual con datas importantes sinaladas.
🕒 Horario persoal e de titoría
📘Rexistro de actividades e saídas
🩵 Axenda semana vista con conmemoracións
📘Alumnado: Aniversarios, ficha do alumno (información xeral, atención á diversidade, comedor, datos sobre saúde (enfermidades e alerxias), táboa de rexistro das áreas do currículo, dificultades atopadas, áreas a traballar (autonomía, linguaxe, socialización, normas, conduta..), avaliacións, rexistro de alumnado NEAE e de titorías, rexistro acta de titorías. (Ollo, aquí debes imprimir tantas copias como alumnos/as dos apartados que precises)
📘Rexistro de asistencia
📘Notas e reunións
📘Rexistro de incidencias (Ollo, aquí debes imprimir tantas copias como alumnos/as dos apartados que precises)
📘Rexistro materiais inicio de curso
📘Rexistro de códigos de impresión e páxinas web
📘Marcadores lateral
Axenda con frases inspiradoras e 153 páxinas.
Se che gusta o recurso e che parece útil, deixa a túa valoración.
✨Grazas por confiar en @alediciadamestra ✨