📝✨ OPOCADERNO/OPOAXENDA DE MESTRE/A✨📝
Se estás preparando as oposicións de Educación Infantil ou Primaria, isto é para ti.
Aquí che presento a axenda para opositores/as coma ti, feita con cabeza… e tamén con corazón 💛
Porque estudar é duro, pero organizarse ben faino un chisco máis doado.
📦 Que contén a axenda?
✅ Calendario anual
✅ Horario semanal editable
✅ OPOTRACKER de temas e lexislación (imprime tantas veces como precises)
✅ Seguimento das unidades didácticas (imprime tantas veces como precises)
✅ Axenda diaria de luns a venres con vacacións e festivos.
✅ Rexistro do estado anímico diario (incluído na propia axenda) e mensual
✅ Planning semanal (3 modelos) (imprime tantas veces como precises)
✅ Seguimento da programación didáctica (imprime tantas veces como precises)
✅ Espazo para deseño e creación de materiais adaptados (imprime tantas veces como precises)
✅ Frases célebres educativas + referencias lexislativas clave (imprime tantas veces como precises)
✅ Apartado de notas, ideas e inspiración (imprime tantas veces como precises)
✅ Lista de webs, apps e recursos útiles (imprime tantas veces como precises)
✨ Con estudo, esforzo e constancia, todo se consegue! ✨
Agardo que che guste e se é así, deixa o teu comentario.
Saudiños