Estacións de traballo: Sufixos, campos semánticos e familia de palabras
🎲✨ Xogando coa lingua! ✨🎲
Xogos de repaso por estacións para traballar contidos de vocabulario e ortografía en galego:
🔹 SUFIXÓPOLIS
Un xogo de mesa con tarxetas para explorar os sufixos: forma palabras, engade sufixos, averigua a palabra agochada. Composto de taboleiro de xogo e 44 tarxetas de xogo.
🔹 PALABRA SEGREDA
Poderás facer que adiviñen a palabra só con mímica ou un debuxo? Composta de 16 tarxetas de xogo onde teñen a palabra que teñen que averiguar. Deste xeito se traballan os diminutivos e aumentativos.
🔹 MEMORY DE CAMPOS SEMÁNTICOS
Tarxetas con palabras do mesmo campo semántico: unha maneira dinámica de ampliar vocabulario mentres xogan coa memoria. Composto de 32 tarxetas de xogo.
🔹 CHAVEIRO DE FAMILIAS DE PALABRAS
Recurso manipulativo para traballar as familias léxicas de: mar, pan, zapato, auga, café, flor e terra.
🔹 CHAVEIRO ORTOGRÁFICO
Recurso manipulativo para traballar: as comiñas, os dous puntos, o paréntese e a raia.
💬 Cal che gustaría probar primeiro coa túa clase?
Se che parece útil este recurso, non esquezas deixar a túa valoración.