Lecturas comprensivas II_Descubrindo Galicia
Descubrindo Galicia II é un caderno de 30 comprensións lectoras a partir das cales mergullámonos nas particularidades de cada provincia, descubrindo os seus recunchos máis singulares, a súa cultura, e a beleza das súas paisaxes.
Cada lectura está acompañada de preguntas que axudarán a reflexionar sobre o as lecturas e tamén para coñecer mellor os lugares que fan única a nosa terra: preguntas de resposta curta ou longa, de reflexión, de encher ocos, tipo test, de verdadeiro ou falso...
Está dirixido a nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria, de xeito que se fomente a curiosidade e o amor pola nosa terra a través da lectura e o descubrimento.
Composto por 61 páxinas con letra ligada distribuídas por provincias e sitios de interese cultural:
LUGO
O paseo dos Soños - A charca do Alligal - Pedrafita do Cebreiro - Os Ancares - Praia das Catedrais - Cova da Doncela - A Muralla Romana de Lugo
PONTEVEDRA
Muíños do Folón e do Picón - A Virxe da Rocha - Combarro - Torres do Oeste - Fervenza do Toxa - Illa de San Simón - Cangas do Morrazo - Monteferro - Illas Cíes - Illas Ons
A CORUÑA
O parador de Muxía - Os castros de Baroña - A ruta dos Faros - Fervenza do Ézaro - Torre de Hércules - Faro de Cabo Vilán - Illas Sisargas - As dunas de Corrubedo
OURENSE
Os cañóns do Sil - As Burgas - As Termas - Os balcóns de Madrid - Castromao
Todo en galego ❤️
Se che gusta este recurso e che parece útil, deixa a túa valoración.☺️