Lecturas comprensivas_Descubrindo Galicia
Descubrindo Galicia é un caderno de 48 comprensións lectoras a partir das cales mergullámonos nas particularidades de cada provincia, descubrindo os seus recunchos máis singulares, a súa cultura, e a beleza das súas paisaxes.
Cada lectura está acompañada de preguntas que axudarán a reflexionar sobre o as lecturas e tamén para coñecer mellor os lugares que fan única a nosa terra: preguntas de resposta curta ou longa, de reflexión, de encher ocos, tipo test, de verdadeiro ou falso...
Está dirixido a nenos e nenas a partir de 4º de Primaria en adiante, de xeito que se fomente a curiosidade e o amor pola nosa terra a través da lectura e o descubrimento.
Composto por 121 páxinas distribuídas por provincias e sitios de interese cultural:
LUGO
O paseo dos Soños - A charca do Alligal - A Torre dos Andrade - Pedrafita do Cebreiro - Os Ancares - Praia das Catedrais - Pozo da Ferida - Cova da Doncela - A Muralla Romana de Lugo
PONTEVEDRA
Muíños do Folón e do Picón - A Virxe da Rocha - Castelo de Soutomaior -Combarro - Torres do Oeste - Fervenza do Toxa - Ponte de Rande - Illa de San Simón - Parque dos sentidos - Parque Natural Río Barosa - Cangas do Morrazo - Monteferro - O Castro de Santa Trega - Illas Cíes - Illas Ons
A CORUÑA
O parador de Muxía - Os castros de Baroña - A ruta dos Faros - Fervenza do Ézaro - Torre de Hércules - Cidade da Cultura - Faro de Cabo Vilán - Illas Sisargas - As dunas de Corrubedo - Dolmen de Dombate - Castelo de San Filipe - O monte de San Pedro - Mirador de A Curota - Castros de Neixón
OURENSE
Os cañóns do Sil - As Burgas - As Termas - Castelo dos Condes de Sarmiento - Mosteiro de Oseira - Barrio xudeu de Ribadavia - Templo da Veracruz - Os balcóns de Madrid - Castromao - Casa das pedriñas
Todo en galego❤️
Se che gusta este recurso e che parece útil, deixa a túa valoración.☺️