Escritura creativa: Carta ao meu eu do futuro 📩
✨📩 Carta ao meu eu do futuro 📩✨
Queres gardar un anaquiño deste momento para lelo en xuño?
Aquí tes unha plantilla con preguntas guía para escribir unha carta moi especial: unha cápsula do tempo persoal que abrirá o teu alumnado ao rematar o curso.
A partir das preguntas guía, cada alumn@ poderá engadir soños, obxectivos, ilusións e incluso debuxos. O resultado gardarase nun sobre ata xuño, cando será o momento de lela e descubrir canto cambiamos.
🔖 Un xeito creativo e divertido de traballar a escritura, a autoestima e a memoria, non cres?
Gustouche o recurso e pareceuche de utilidade, déixame a túa reseña.✍️
Saudiños