Dossier: Foliada
🎶 Benvidas e benvidos á Foliada! 🎶
A música é unha das mellores maneiras de celebrar quen somos, de compartir emocións e de manter viva a nosa lingua.
Neste caderno imos viaxar polas cancións e ritmos de bandas e artistas galegos e galegas que cantan en galego, para que coñezas o seu traballo, a súa historia e tamén o que teñen que contar.
Quen canta, conta. E quen escoita, aprende. Por iso, tamén pode servir como excusa para conmemorar o DÃa da Música (22 de novembro) ou o DÃa Internacional da Muller (8 marzo).
Aquà atoparás lecturas, actividades, sopas de letras, encrucillados e cancións que che axudarán a descubrir novas voces, a entender as súas letras e a gozar coa creatividade musical da nosa comunidade autónoma.
Recolle os seguintes grupos e artistas:
- As fillas de Cassandra
- The Rapants
- Lontreira
- De ninghures
- Tanxugueiras
- Caamaño & Ameixeiras
- DakidarrÃa
- Mondra
- Baiuca
- Catuxa Salom
- Sés
- LucÃa Pérez
Este caderno de aproximadamente 50 páxinas, está dirixido a nenos e nenas a partir de 4º de Primaria en adiante, de xeito que se fomente a curiosidade e o amor pola nosa terra a través da lectura e o descubrimento.
Se che gustou o recurso e che pareceu de utilidade, deixa a túa valoración. 😊
✨ Agardo que vos guste a recompilación ✨